-
Notifications
You must be signed in to change notification settings - Fork 1
sketch arduino
É necesario ter instalada a contorna de desenvolvemento Arduino.
As instruccións seguintes foron probadas en sistemas GNU/Linux, se usas sistemas privativos procura cambiar canto antes a Software Libre.
Podes descargar todo o proxecto e versións dende o repositorio Github ou, se non eres desenvolvedor, tal vez prefiras unha versión en formato .zip para descargar e listo (recomendada para noveis).
Descarga o pacote Zip coa última versión dispoñible dende este sitio.
Localiza no teu sistema o directorio 'sketchbook' onde a contorna Arduino garda os sketches. A configuración por omisión faino en ~/sketchbook (no teu directorio de usuario).
Descomprime o arquivo Escornabot-X.Y.zip e move o directorio 'Escornabot' ao directorio 'sketches' do Arduino.
Esta opción de instalación é para os desenvolvedores e precisa de coñecementos de Git. Mira a opción anterior se só queres por en marcha o teu Escornabot.
Clona o repositorio nun directorio de traballo para o proxecto. Por exemplo en
~/Projects/Escornabot
:
git clone http://github.com/brico-labs/Escornabot ~/Projects/Escornabot
Localiza no teu sistema o directorio 'sketchbook' onde a contorna Arduino garda os sketches. A configuración por omisión faino en ~/sketchbook (no teu directorio de usuario).
Crea unha ligazón simbólica de nome 'Escornabot' no directorio 'sketchbook' que apunte ao directorio 'Arduino' do proxecto. Seguindo as rutas propostas:
ln -s "~/Projects/Escornabot/Arduino" "~/sketchbook/Escornabot"
Nota: se usas sistema privativo ou o sistema de arquivos non ten soporte para ligazóns simbólicas terás que copiar o primeiro directorio 'Arduino' e renomealo a 'Escornabot' dentro de 'sketchbook'.
Se tes seguido as instruccións, arranca o Arduino IDE (péchao primeiro se xa o tiñas aberto) e na opción de menú File > Sketchbook aparecerá o -sketch Escornabot_ que abrirá en solapas todos of ficheiros de código.
Para compilar o código no Arduino:
- Asegúrate de que o tes conectado ao PC e escolle o porto de conexión en Tools > Serial Port.
- Selecciona a placa Arduino que leva o teu Escornabot en Tools > Board (probablemente Arduino Pro Mini 5V ATmega328).
- Compila o firmware en Sketch > Verify/Compile.
- Revisa as opcións hardware na solapa Configuration.h coa axuda deste outro documento: Configuración do código do Escornabot.
- Carga o firmware en File > Upload.
Importante: Segundo como teñas configurado o teu hardware Escornabot (compoñentes e conexións), terás que revisar a configuración (punto 4.) antes de cargar o firmware no Arduino do teu Escornabot.