Skip to content
rafacouto edited this page Nov 5, 2014 · 10 revisions

Sketch Escornabot para Arduino

Requisitos

É necesario ter instalada a contorna de desenvolvemento Arduino.

As instruccións seguintes foron probadas en sistemas GNU/Linux, se usas sistemas privativos procura cambiar canto antes a Software Libre.

Descargar o código no teu ordenador

Podes descargar todo o proxecto e versións dende o repositorio Github ou, se non eres desenvolvedor, tal vez prefiras unha versión en formato .zip para descargar e listo (recomendada para noveis).

Sketch Arduino en formato zip

Descarga o pacote tar.gz ou Zip coa última versión dispoñible dende este sitio.

Localiza no teu sistema o directorio 'sketchbook' onde a contorna Arduino garda os sketches. A configuración por omisión faino en ~/sketchbook (no teu directorio de usuario).

Descomprime o arquivo Escornabot-X.Y.tar.gz e move o directorio 'Escornabot' ao directorio 'sketches' do Arduino.

tar xzvf Escornabot-X.Y.tar.gz -C /tmp
mv /tmp/Escornabot-X.Y/Arduino ~/sketchbook/Escornabot

Instalación dende Github

Esta opción de instalación é para os desenvolvedores e precisa de coñecementos de Git. Mira a opción anterior se só queres por en marcha o teu Escornabot.

Clona o repositorio nun directorio de traballo para o proxecto. Por exemplo en ~/Projects/Escornabot:

git clone http://github.com/brico-labs/Escornabot ~/Projects/Escornabot

Localiza no teu sistema o directorio 'sketchbook' onde a contorna Arduino garda os sketches. A configuración por omisión faino en ~/sketchbook (no teu directorio de usuario).

Crea unha ligazón simbólica de nome 'Escornabot' no directorio 'sketchbook' que apunte ao directorio 'Arduino' do proxecto. Seguindo as rutas propostas:

ln -s "~/Projects/Escornabot/Arduino" "~/sketchbook/Escornabot"

Nota: se usas sistema privativo ou o sistema de arquivos non ten soporte para ligazóns simbólicas terás que copiar o primeiro directorio 'Arduino' e renomealo a 'Escornabot' dentro de 'sketchbook'.

Compilación e carga no Arduino

Se tes seguido as instruccións, arranca o Arduino IDE (péchao primeiro se xa o tiñas aberto) e na opción de menú File > Sketchbook aparecerá o -sketch Escornabot_ que abrirá en solapas todos of ficheiros de código.

Apertura por sketchbook

Para compilar o código no Arduino:

  1. Asegúrate de que o tes conectado ao PC e escolle o porto de conexión en Tools > Serial Port.
  2. Selecciona a placa Arduino que leva o teu Escornabot en Tools > Board (probablemente Arduino Pro Mini 5V ATmega328).
  3. Compila o firmware en Sketch > Verify/Compile.
  4. Revisa as opcións hardware na solapa Configuration.h coa axuda deste outro documento: Configuración do código do Escornabot.
  5. Carga o firmware en File > Upload.

Compilación e carga en Arduino

Importante: Segundo como teñas configurado o teu hardware Escornabot (compoñentes e conexións), terás que revisar a configuración (punto 4.) antes de cargar o firmware no Arduino do teu Escornabot.