Skip to content
Rafa Couto edited this page Oct 3, 2014 · 10 revisions

Sketch Vacalourabot para Arduino

Requisitos

É necesario ter instalada a contorna de desenvolvemento Arduino.

As instruccións seguintes foron probadas en sistemas GNU/Linux, se usas sistemas privativos procura cambiar canto antes a Software Libre.

Descargar o código no teu ordenador

Podes descargar todo o proxecto e versións dende o repositorio Github ou, se non eres desenvolvedor, tal vez prefiras unha versión en formato .zip para descargar e listo.

Sketch Arduino en formato zip

-ToDo- Temos que buscar un sitio onde poñer os pacotes comprimidos por versiones...

Localiza no teu sistema o directorio 'sketchbook' onde a contorna Arduino garda os sketches. A configuración por omisión faino en -ToDo: buscar a ruta por omisión ~/Arduino/sketchbook ?-

Descomprime o arquivo Vacalourabot-X.Y.zip e move o directorio 'Vacalourabot' ao directorio 'sketches' do Arduino.

Instalación dende Github

Clona o repositorio nun directorio de traballo para o proxecto. Por exemplo en ~/Projects/Vacalourabot:

git clone http://github.com/brico-labs/Vacalourabot ~/Projects/Vacalourabot

Localiza no teu sistema o directorio 'sketchbook' onde a contorna Arduino garda os sketches. A configuración por omisión faino en -ToDo: buscar a ruta por omisión ~/Arduino/sketchbook ?-

Crea unha ligazón simbólica de nome 'Vacalourabot' no directorio 'sketchbook' que apunte ao directorio 'Arduino' do proxecto. Seguindo as rutas propostas:

ln -s "~/Projects/Vacalourabot/Arduino" "~/Arduino/sketchbook/Vacalourabot"

Nota: se usas sistema privativo ou o sistema de arquivos non ten soporte para ligazóns simbólicas terás que copiar o primeiro directorio 'Arduino' e renomealo a 'Vacalourabot' dentro de 'sketchbook'.

Configurar a túa Vacalourabot

O código do programa está modularizado para soportar distintos tipos de botoneiras, motores e outros extras. Antes de cargar o programa no microcontrolador Arduino da túa Vacalourabot é preciso que configures os módulos que vai utilizar o programa así como as súas capacidades.

Os módulos están ben separados de xeito que só se compilan os que a Vacalourabot vai necesitar. Pódense habilitar ou deshabilitar certas características dependendo da construcción ou límites que se lle queran poñer.

O arquivo onde se pode configurar o código é Configuration.h. Ábrao co seu editor de textos preferido.

Selección da maquinaria a usar

A Vacalourabot pode moverse gracias aos engine que son as distintas maquinarias que se poder utilizar. Por omisión, o código vén preparado para funcionar coa maquinaria EngineSteppers.

EngineSteppers

-ToDo: incluir foto de Vacaloura con EngineSteppers-

-ToDo: activación e opcións-

EngineHBridge

-ToDo: incluir foto de Vacaloura con EngineHbridge-

-ToDo: activación e opcións-

Selección da botoneira

ButtonSetDigital

-ToDo: incluir foto de Vacaloura con ButtonSetDigital-

ButtonSetAnalog

-ToDo: incluir foto de Vacaloura con ButtonSetAnalog-

Outras opcións

Uso da memoria EEPROMo

Cantidade de movementos a almacenar