É difícil. Sempre é difícil a primeira vez que fas algo. Especialmente cando estás colaborando, equivocarse non é algo agradable. Pero no open source (o código aberto) todo trata de colaboración e de traballar xuntos. Quixemos simplificar a forma na que novos contribuidores open-source aprenden e contribúen por primeira vez.
Ler artículos e ver titoriais pode axudar, pero ¿que haberá mellor que facer as cousas nunha contorna pensada para practicar? Iste proxecto enfócase en prover unha guía e en simplificar o xeito no que os novatos fan a súa primeira contribución. Lembra que mentres máis relaxado esteas, mellor aprenderás. Se queres facer a túa primeira contribución só tés que seguir os sinxelos pasos que se amosan a continuación. E prometémosche que será entretido.
Se aínda non tés git na túa máquina, instálao
Fai un fork (bifurcación) deste repo facendo click no botón "Fork" que está na cima desta páxina. Isto creará unha copia deste repositorio na túa conta.
A continuación clona este repo no teu equipo. Fai click no botón "Clone" e despois na icona para copiar ó portapapeis (clipboard)
Abre a túa consola ou terminal e executa o seguinte comando de git:
git clone "url que copiache"
Onde "url que copiache" (sen as comiñas) é a url deste repositorio. Mira os pasos previos para obter a url.
Por exemplo:
git clone https://github.com/o-teu-nome/first-contributions.git
Onde "o-teu-nome" é o teu usuario de GitHub. Aquí estarás copiando os contidos do repositorio first-contributions en GitHub para o teu computador.
Cambia ó directorio do repositorio no teu computador (se é que non estás xa nel).
cd first-contributions
Agora crea unha branch (póla) usando o comando git checkout
git checkout -b <engade-o-teu-nome>
Por exemplo
git checkout -b engade-María-Soliña
(O nome da branch non ten que incluir necesariamente a palabra 'engade', pero resulta razoable se consideramos que o propósito desta póla é engadir o teu nome a unha lista).
Agora abre o arquivo Contributors.md
nun editor de texto, engade o teu nome e despois garda o arquivo. Se vas ó directorio do proxecto e executas git status
, verás que hai modificacións. Agrega eses cambios ou modificacións usando o comando git add
tal como se amosa:
git add Contributors.md
Agora podes facer commit sobre os cambios co comando git commit
git commit -m "Add <o-teu-nome> to Contributors list"
cambiando <o-teu-nome>
polo teu nome.
Fai un push dos teus cambios usando o comando git push
git push origin <engade-o-teu-nome>
cambiando <engade-o-teu-nome>
polo nome da branch que creaches antes.
Se vas ó teu repositorio en GitHub, verás un botón Compare & pull request
. Fai click nese botón:
Agora crea e envía a pull request:
Axiña mesturarei os teus cambios (facendo merge) na master branch deste proxecto. Recibirás unha notificación por correo cando os cambios xa estean mesturados.
GitHub Desktop | Visual Studio 2017 | GitKraken |
Tamén poderías unirte á nosa equipa en Slack no caso de que necesites axuda ou teñas algunha pregunta. Únete ó noso Slack